Mi madriña…


Cando vin que levaba máis dun ano sen escribir nada aquí quedei a cuadros…o curso absorbeume por completo, só tiven tempo para Tuenti e Facebook, e a miña mente blogueira ficou esquecida nun recuncho.

Este ano comezou 2º de Bacharelato, o derradeiro ano antes de afronta-las PAAU e acceder á Universidade, esperemos que na carreira que eu decida,e con boa nota, se non e moito pedir á providencia (que tamén axuda,aínda que a miña base será o estudo)

Comezos titubeantes por ahora, pois en certos momentos sentímonos superados pola “proximidade” das Probas de Acceso, e a presión e a cantidade de traballo é considerable.

O meu desexo é que só sexa a causa da falta de “ritmo de competición” e que se a 1ª avaliación sae peor do esperado, na 2ª se poida enmendar o erro.

Un saúdo para todos os rapaces de 2º de Bacharelato, moito ánimo e a por todas, que podemos!!