Cousas de Hamilton


Ola a todos.

Hoxe vin unha nova nalgunha web por ahí,na que vin unha nova demostración da pouca experiencia de Hamilton.

Creo que este individuo,para o novo que é,e para estar donde está,debería haber adquirido algo de experiencia,modestia,e deportividade.

No seu primeiro ano en McLaren,no ano 2007,sucedéronse numerosas protestas sen fundamentos sólidos que con calquera outro piloto dos xa existentes non tería sucedido.

E todo isto acompañado do máis que destacable,sobre todo no último tramo da temporada,onde o equipo se viu obrigado a escoller un piloto de prioridade para que pelexara polo Mundial de pilotos,escolleu ó inglés,en contraposición o primeiro piloto,que daquela era o español,bicampeón do mundo.

O español,debido ao mal ambiente do equipo,resignouse a marchar a Renault,e aínda que tivo un inicio de temporada bastante mediocre,logrouse mellorar o R-28 para que o español,nas últimas 6 carreiras,obtese máis puntos que ninguén.

Pero agora a loita polo Mundial está entre Hamilton e Massa,e o español parece decidido a decantarse por axudar a este último.

Hamilton dixo a isto “Alonso era un bicampeón batido por un debutante” e queixouse de que o español decidise axudar ó piloto brasileiro de Ferrari.

Aparte disto,o seu compañeiro de equipo,o finés Heikki Kovalainen,sospeita de sabotaxe no seu equipo,un episodio similar ao que protagonizara Fernando Alonso un ano atrás.

Entón,reflexionemos un pouco: ¿Merece realmente Lewis Hamilton gañar o campionato de pilotos?

Un saúdo e ata a próxima.