Botar de menos


 

Onte á noite, mentres falabamos, dixo Ángel, un dos meus compañeiros de residencia, que non se valoraba igual a volta á casa se ibas cada semana ou se te quedabas acó un par de semaniñas e volvías.

Non puiden estar máis de acordo con el.

Non hai como volver á casiña despois de 2 ou 3 semanas sen vela, ver que incluso cambiaron cousas de sitio, ou que as quitaron, ou que puñeron outras novas. Ver que hai máis ou menos xente en Ribadeo, ter que taparse coa manta do Barça porque non hai calefacción coma na resi, ver a teu irmán, e ver que ten ganas de xogar unhos partidos ó PES, e, sobre todo, COMIDA DE MAMÁ. Qué ben sabe comer caldo e similares cociñados como Dios manda…

Tamén se ve aos primos pequenos, que hai que intentar que non se olviden de ti por estar fóra.

Sei que hai xente que pasa moitas máis semanas fóra da casa, para eles será máis intenso, pero eso non quita que poida ter esa pequena morriña da terra.

Advertisements

Voando


image

Vai mes e medio de curso e paréceme que pasase máis rápido o tempo.
Reconfórtame moito chegar a habitación pola tarde, ahora que fai frío, igual que o ano pasado me gustaba chegar a casa despois do entrenamiento, poñerme cómodo e disfrutar do calor da cociña e da cena na sartén.

Cada vez sinto máis Santiago como a miña casa, ainda que Ribadeo siga sendo o meu fogar.

Festas 2008 en Cubelas (Ribadeo)


Ola a todos.

Hoxe quería despedirme por dous días debido a que irei a este pobo ás súas festas patronais anuais.

Teño un amigo alí que me leva invitado moitos anos e seguirei o máis que poida.

Deixovos un enlace da localización e vía.

http://maps.google.com/maps?f=q&hl=es&geocode=&q=Ribadeo&ie=UTF8&ll=43.496923,-7.141242&spn=0.016282,0.032401&t=h&z=15

Un saúdo

Festas Ribadeo ’08


Ola a todos.

Hai 3 dias que acabaron as festas de Ribadeo.

Unhas festas que ó mellor non recordamos con gran entusiasmo pero que foron diferentes.Pasamos dos coches de choque e fumos máis o saltamontes.

Demos moitas voltas e vimos moita xente coñecida.

Moitos pensamentos pasaron pola miña cabeza,máis certos,máis falsos pero todos bastante pouco positivos e confusos.

Tamén estivemos ata tarde falando despois da festa eu e máis o meu amigo e invitado.

Largas conversacións,pero o mellor non tan interesantes como se pensan xD

Esperemos que o ano que ven se pase igual ou mellor.

Un saúdo e ata a próxima.

PD:Hoxe 11 de setembro vai polas vítimas do atentado contra o World Trade Center de Nova York