Vent-Ana a unha nova década


Hoxe voume tomar a libertad de escribir un pelín distinto e tamén de falar sobre outras cousas.

Sei que posiblemente non o vaia a esperar, así que creo que este ha ser un bonito detalle.

Ela é…cómo decilo? Especial, é unha persona que creo que destaca sobre o resto, alguén a quen ves e dices “Esta rapaza ten algo, non sei o qué, pero gústame que estea cerca”

E tamén se nota cando non está, inda que a veces non me queira ou non me poida dar cuenta.

Temos falado de tantas e tantas cousas, desas que se contan a pouca xente (ou a unha persona nada más) e desde ese momento souben que hai moito que nos une ainda que haxa moitas cousas que nos separan.

Venme á cabeza ese tempo no que me acolliches na túa vida pouco a pouco, pouquiño a pouco, e doume cuenta de que eres desas personas que se van a quedar aí, ou polo menos eso me gustaría, unha desa media docena ou docena de personas que no futuro che abrirán as portas da casa si estás mustio para darche unha bebida e tirarse no sofá contigo a ver unha peli, un partido, xogar a play, ou contarche calquera estupidez para facerche rir ou para darche ánimo.

Non vou a desearche que a noite de celebración de moito de sí, porque sei que o vai a facer. Espero que teñas moitas máis por diante, e que poida celebrar algunha festa de cumpleaños non muy no futuro🙂

E os regalos, moito mellor bos que abundantes. Este non é ningunha das dúas cousas, pero é meu, e espero que seña dabondo polo menos para empezar.

 

Felicidades Ana. Todas as que te poidas merecer e más. 

PD: Sinto o da chamada, pero por suerte e por desgracia a veces sigo sendo eu:/

PD2: O título ocurríuseme a min sin doparme xD

Estado aconfesional?


Imaxe

Esta mañá abro o cliente de Twitter e abro unha das noticias que me mostra, na que o Bloque Nacionalista Galego vai intentar cobrárlle-lo IBI á Igrexa nos terreos que non estén relacionados co culto. As propiedades que se inclúen no Concordato do Estado español coa Igrexa seguirán exentas do imposto.

O que me gustaría analizar é o por qué deste Concordato coa Igrexa Católica, mentres que outras creencias non gozan destes privilexios.

É de mencionar e de destacar que a institución católica, por detrás de todo o que se di e se oe de “vaya basílica ten o Papa”, “que ben vive”, “cánto luxo e logo predica coa pobreza”, “Xesucristo non era así”… e demáis argumentos, realiza unha gran labor na sociedade, útil e necesaria, como seguramente vos vaia a mostrar un paisano meu, Fabián, no blogue “Sor Barcelona” que escribe con dous compañeiros sobre as monxas na capital catalá. (Hai que facerlles publi aos de Ribadeo, así debería ser)

Esta labor é importante que sexa subvencionada, pero posiblemente outras relixións tamén as poderían levar a cabo, e non se lles dá ese empurrón que si tivo a de Benedicto XVI:

Para que o noso Estado fose aconfesional, ou as relixións non deberían ter axudas, ou deberían darse a todas iguais, para min esta é a condición necesaria para tal denominación. Ou polo menos, así e como o penso eu, e considerarei que vivimos nun estado católico mentres non comece a ver estas cousas.

Dicir, para rematar, que esta entrada non pretende ser unha crítica á Igrexa Católica, nin unha apoloxía de algunha outra relixión, nin canto menos unha declaración de ideas políticas polo que vin ó principio. Simplemente gosto de expoñer a miña opinión sobre este tema en xeral a partir daquela noticia que vos comentei en particular.

Deséxovos un bo día, que teño 20 anos que celebrar. Bicos e abrazos

P.S.: Sóltanme polo pinganillo que en Allariz un xuíz obrigou á Igrexa a paga-lo IBI.  Aquí a nova

Libertad condicional


“Dimitri, un grande da noite”

Este post e medio para celebrar que rematamos os exames, e o outro medio para recordarme que é unha ilusión transitoria pois vén outro aí á volta da esquina.

Espero, de paso, que a fortuna (e a vosa intelixencia, non todo ha ser suerte) vos estivera ó lado e non teñamos que lamentar víctimas para o estío (nin sequera eu mesmo)

Tras tres pruebas que tuvemos que pasar, algunha moito máis dificil que o resto, e algunha de broma total, polo menos para min, e sin que sone sobrado; podemos dar rienda solta ao noso espíritu juvenil e aventurero para adentrarnos na noite compostelá, sempre coa intención de volver enteiros e, se as nubes me len, tamén sen auga.

Deséxovos unha feliz noite se facedes coma min, e que a noite non vos confunda, e se non, xa haberá tempo🙂

Botar de menos


 

Onte á noite, mentres falabamos, dixo Ángel, un dos meus compañeiros de residencia, que non se valoraba igual a volta á casa se ibas cada semana ou se te quedabas acó un par de semaniñas e volvías.

Non puiden estar máis de acordo con el.

Non hai como volver á casiña despois de 2 ou 3 semanas sen vela, ver que incluso cambiaron cousas de sitio, ou que as quitaron, ou que puñeron outras novas. Ver que hai máis ou menos xente en Ribadeo, ter que taparse coa manta do Barça porque non hai calefacción coma na resi, ver a teu irmán, e ver que ten ganas de xogar unhos partidos ó PES, e, sobre todo, COMIDA DE MAMÁ. Qué ben sabe comer caldo e similares cociñados como Dios manda…

Tamén se ve aos primos pequenos, que hai que intentar que non se olviden de ti por estar fóra.

Sei que hai xente que pasa moitas máis semanas fóra da casa, para eles será máis intenso, pero eso non quita que poida ter esa pequena morriña da terra.

Toca estudiar


Imaxe

Tocan exámenes, despois de unhas vacacións navideñas bastante relajadas.

Tamén se aproximan os 20 anos, e non me gusta o número pero espero que chegue xa, quererá decir que me papei 3 exámenes xa.

Este ano hai que intentar facer un mellor papel coas notas, coas asignaturas, e coas prácticas. Que o ano pasado fora satisfactorio non sirva para conformarse.

Si se lle poden pedir cousas ó 2013, pido 3:

Notas iguales ou mellores, por si Rajoy se pon chulo cos requisitos das becas

Que veña un vrao con bon tempo

E si non é moito, unha chica así:

Imaxe

Proxecto de enfermeiro


Volvo a conectar convosco para expresar as miñas sensacións durante as últimas cinco semanas.

Nestas cinco semanas que digo, tiven que desenvolverme no ámbito hospitalario como enfermeiro en prácticas, e a verdad e que foi unha experiencia moi gratificante (non económicamente, por desgraza).

Puiden ver gran parte do traballo que vou a poder desenvolver en canto termine o Graduado (e atope donde traballar, por suposto, dada a situación laboral existente) e descubrín que non me disgusta para nada, e podo decir que a miña elección de carreira é boa.

Ao ver os dous lados do mostrador, puiden darme conta de que a veces se non se che da algo, e porque non se pode, ou non están seguros de se poden, por exemplo.

E sobre todo, que deterse dous minutos a preocuparse por un paciente que está triste ou sufrindo de dor, pode actuar un pouco como calmante.

 

Unha experiencia marabillosa que me tocará repetir en outro ambiente. Seguiremos informando.

 

Saúdos e grazas por ler🙂