Libertad condicional


“Dimitri, un grande da noite”

Este post e medio para celebrar que rematamos os exames, e o outro medio para recordarme que é unha ilusión transitoria pois vén outro aí á volta da esquina.

Espero, de paso, que a fortuna (e a vosa intelixencia, non todo ha ser suerte) vos estivera ó lado e non teñamos que lamentar víctimas para o estío (nin sequera eu mesmo)

Tras tres pruebas que tuvemos que pasar, algunha moito máis dificil que o resto, e algunha de broma total, polo menos para min, e sin que sone sobrado; podemos dar rienda solta ao noso espíritu juvenil e aventurero para adentrarnos na noite compostelá, sempre coa intención de volver enteiros e, se as nubes me len, tamén sen auga.

Deséxovos unha feliz noite se facedes coma min, e que a noite non vos confunda, e se non, xa haberá tempo 🙂

Advertisements

Volveu a treboada.


Ship in the Storm - Konstantinos VolanakisVolveu a treboada ao mar.

Uns días de ruído, dor, mareo, cansazo, esforzo e a veces pouco premio.

Chegou a treboada a este mar de pupitres. Atopounos cos seus raios históricos, os seus tronos matemáticos e os seus ventos literatos. Veu por nós coa súa química celestial, a súa electricidade e a súa forza inconmensurable.

Deunos caza. Algúns van decaendo co retumbar dos exames no ambiente da aula.Outros consiguen resisitir coa capa de cansazo todavía posta as embestidas das derivadas, dos cromosomas e da enerxía obtida na beta-oxidación dos seus propios ácidos graxos, consumidos polo estudo.

Alcanzounos a treboada. ¡Recemos á Virxe do Carme para que nos socorra!