Toca estudiar


Imaxe

Tocan exámenes, despois de unhas vacacións navideñas bastante relajadas.

Tamén se aproximan os 20 anos, e non me gusta o número pero espero que chegue xa, quererá decir que me papei 3 exámenes xa.

Este ano hai que intentar facer un mellor papel coas notas, coas asignaturas, e coas prácticas. Que o ano pasado fora satisfactorio non sirva para conformarse.

Si se lle poden pedir cousas ó 2013, pido 3:

Notas iguales ou mellores, por si Rajoy se pon chulo cos requisitos das becas

Que veña un vrao con bon tempo

E si non é moito, unha chica así:

Imaxe

Advertisements

Proxecto de enfermeiro


Volvo a conectar convosco para expresar as miñas sensacións durante as últimas cinco semanas.

Nestas cinco semanas que digo, tiven que desenvolverme no ámbito hospitalario como enfermeiro en prácticas, e a verdad e que foi unha experiencia moi gratificante (non económicamente, por desgraza).

Puiden ver gran parte do traballo que vou a poder desenvolver en canto termine o Graduado (e atope donde traballar, por suposto, dada a situación laboral existente) e descubrín que non me disgusta para nada, e podo decir que a miña elección de carreira é boa.

Ao ver os dous lados do mostrador, puiden darme conta de que a veces se non se che da algo, e porque non se pode, ou non están seguros de se poden, por exemplo.

E sobre todo, que deterse dous minutos a preocuparse por un paciente que está triste ou sufrindo de dor, pode actuar un pouco como calmante.

 

Unha experiencia marabillosa que me tocará repetir en outro ambiente. Seguiremos informando.

 

Saúdos e grazas por ler 🙂

A importancia de sentirse querido


Nesta época de exámenes, na que todos acabamos pasando malos ratos con máis ou menos frecuencia, cobran moita importancia os ánimos que poidas recibir, os que te poidas dar ti e a forza psicolóxica que poidas demostrar ti nestes momentos.

É imprescindible ser capaz de afrontar os malos momentos dándose un mismo ánimos, afrontando as cousas con positividade e con calma. Porque debería quedar claro que se traballas, non tes por qué suspender. Sempre sin olvidar que a veces se suspende, son cousas que pasan, e non hai que derrumbarse por eso.

Pero por si acaso nos derrumbamos, sempre é recomendable ter alguén a quen agarrarnos cando necesitemos un empuxonciño para volver a traballar con ganas. Desa xente que che diga “Non pasa nada” “Tiveche mala suerte” “Non é culpa túa, porque estivemos estudiando moito para ese examen” “Si traballas como traballabas non vas a suspender ningunha máis”…

O que quero decir é, buscade sempre algunha escapatoria, deixade sempre algunha porta aberta (ou varias) para deixar salir o que vos atormenta. E unha vez que saquedes todo fora, toca volver a animarse e a continuar.

Porque quererse a un mismo faite sentir ben, pero sentirse querido multiplícao todo.

Voando


image

Vai mes e medio de curso e paréceme que pasase máis rápido o tempo.
Reconfórtame moito chegar a habitación pola tarde, ahora que fai frío, igual que o ano pasado me gustaba chegar a casa despois do entrenamiento, poñerme cómodo e disfrutar do calor da cociña e da cena na sartén.

Cada vez sinto máis Santiago como a miña casa, ainda que Ribadeo siga sendo o meu fogar.

Volveu a treboada.


Ship in the Storm - Konstantinos VolanakisVolveu a treboada ao mar.

Uns días de ruído, dor, mareo, cansazo, esforzo e a veces pouco premio.

Chegou a treboada a este mar de pupitres. Atopounos cos seus raios históricos, os seus tronos matemáticos e os seus ventos literatos. Veu por nós coa súa química celestial, a súa electricidade e a súa forza inconmensurable.

Deunos caza. Algúns van decaendo co retumbar dos exames no ambiente da aula.Outros consiguen resisitir coa capa de cansazo todavía posta as embestidas das derivadas, dos cromosomas e da enerxía obtida na beta-oxidación dos seus propios ácidos graxos, consumidos polo estudo.

Alcanzounos a treboada. ¡Recemos á Virxe do Carme para que nos socorra!