Estado aconfesional?


Imaxe

Esta mañá abro o cliente de Twitter e abro unha das noticias que me mostra, na que o Bloque Nacionalista Galego vai intentar cobrárlle-lo IBI á Igrexa nos terreos que non estén relacionados co culto. As propiedades que se inclúen no Concordato do Estado español coa Igrexa seguirán exentas do imposto.

O que me gustaría analizar é o por qué deste Concordato coa Igrexa Católica, mentres que outras creencias non gozan destes privilexios.

É de mencionar e de destacar que a institución católica, por detrás de todo o que se di e se oe de “vaya basílica ten o Papa”, “que ben vive”, “cánto luxo e logo predica coa pobreza”, “Xesucristo non era así”… e demáis argumentos, realiza unha gran labor na sociedade, útil e necesaria, como seguramente vos vaia a mostrar un paisano meu, Fabián, no blogue “Sor Barcelona” que escribe con dous compañeiros sobre as monxas na capital catalá. (Hai que facerlles publi aos de Ribadeo, así debería ser)

Esta labor é importante que sexa subvencionada, pero posiblemente outras relixións tamén as poderían levar a cabo, e non se lles dá ese empurrón que si tivo a de Benedicto XVI:

Para que o noso Estado fose aconfesional, ou as relixións non deberían ter axudas, ou deberían darse a todas iguais, para min esta é a condición necesaria para tal denominación. Ou polo menos, así e como o penso eu, e considerarei que vivimos nun estado católico mentres non comece a ver estas cousas.

Dicir, para rematar, que esta entrada non pretende ser unha crítica á Igrexa Católica, nin unha apoloxía de algunha outra relixión, nin canto menos unha declaración de ideas políticas polo que vin ó principio. Simplemente gosto de expoñer a miña opinión sobre este tema en xeral a partir daquela noticia que vos comentei en particular.

Deséxovos un bo día, que teño 20 anos que celebrar. Bicos e abrazos

P.S.: Sóltanme polo pinganillo que en Allariz un xuíz obrigou á Igrexa a paga-lo IBI.  Aquí a nova

Advertisements

Universidade


Estamos a día 5 de setembro e o cambio de vida e de chip é inminente. Dentro de pouco, quen non o faga xa hoxe, moita xente comezará a universidade.

Entramos nunha competicion por un futuro na que habera xente que nos limpe o camiño e outra que nos tire pedras. Pero o mais importante será escoller por donde avanzar, e intentar aprender e experimentar o necesario para o futuro próximo.

Un chute de independencia con dúas caras, a boa, a de non ter a ninguén encima, e a mala, a de ter a menos xente debaixo que nos impulse cando o necesitemos.

Sorte a todos os que empezan, empezarán ou están esperando a ver se hai posibilidades de empezar.

Desta xeración poden saír grandes mentes.
É un pequeno paso para o home e un (crucemos os dedos) grande paso para a humanidade

Volveu a treboada.


Ship in the Storm - Konstantinos VolanakisVolveu a treboada ao mar.

Uns días de ruído, dor, mareo, cansazo, esforzo e a veces pouco premio.

Chegou a treboada a este mar de pupitres. Atopounos cos seus raios históricos, os seus tronos matemáticos e os seus ventos literatos. Veu por nós coa súa química celestial, a súa electricidade e a súa forza inconmensurable.

Deunos caza. Algúns van decaendo co retumbar dos exames no ambiente da aula.Outros consiguen resisitir coa capa de cansazo todavía posta as embestidas das derivadas, dos cromosomas e da enerxía obtida na beta-oxidación dos seus propios ácidos graxos, consumidos polo estudo.

Alcanzounos a treboada. ¡Recemos á Virxe do Carme para que nos socorra!

Festas 2008 en Cubelas (Ribadeo)


Ola a todos.

Hoxe quería despedirme por dous días debido a que irei a este pobo ás súas festas patronais anuais.

Teño un amigo alí que me leva invitado moitos anos e seguirei o máis que poida.

Deixovos un enlace da localización e vía.

http://maps.google.com/maps?f=q&hl=es&geocode=&q=Ribadeo&ie=UTF8&ll=43.496923,-7.141242&spn=0.016282,0.032401&t=h&z=15

Un saúdo

Festas Ribadeo ’08


Ola a todos.

Hai 3 dias que acabaron as festas de Ribadeo.

Unhas festas que ó mellor non recordamos con gran entusiasmo pero que foron diferentes.Pasamos dos coches de choque e fumos máis o saltamontes.

Demos moitas voltas e vimos moita xente coñecida.

Moitos pensamentos pasaron pola miña cabeza,máis certos,máis falsos pero todos bastante pouco positivos e confusos.

Tamén estivemos ata tarde falando despois da festa eu e máis o meu amigo e invitado.

Largas conversacións,pero o mellor non tan interesantes como se pensan xD

Esperemos que o ano que ven se pase igual ou mellor.

Un saúdo e ata a próxima.

PD:Hoxe 11 de setembro vai polas vítimas do atentado contra o World Trade Center de Nova York