Botar de menos


 

Onte á noite, mentres falabamos, dixo Ángel, un dos meus compañeiros de residencia, que non se valoraba igual a volta á casa se ibas cada semana ou se te quedabas acó un par de semaniñas e volvías.

Non puiden estar máis de acordo con el.

Non hai como volver á casiña despois de 2 ou 3 semanas sen vela, ver que incluso cambiaron cousas de sitio, ou que as quitaron, ou que puñeron outras novas. Ver que hai máis ou menos xente en Ribadeo, ter que taparse coa manta do Barça porque non hai calefacción coma na resi, ver a teu irmán, e ver que ten ganas de xogar unhos partidos ó PES, e, sobre todo, COMIDA DE MAMÁ. Qué ben sabe comer caldo e similares cociñados como Dios manda…

Tamén se ve aos primos pequenos, que hai que intentar que non se olviden de ti por estar fóra.

Sei que hai xente que pasa moitas máis semanas fóra da casa, para eles será máis intenso, pero eso non quita que poida ter esa pequena morriña da terra.

Advertisements