Botar de menos


 

Onte á noite, mentres falabamos, dixo Ángel, un dos meus compañeiros de residencia, que non se valoraba igual a volta á casa se ibas cada semana ou se te quedabas acó un par de semaniñas e volvías.

Non puiden estar máis de acordo con el.

Non hai como volver á casiña despois de 2 ou 3 semanas sen vela, ver que incluso cambiaron cousas de sitio, ou que as quitaron, ou que puñeron outras novas. Ver que hai máis ou menos xente en Ribadeo, ter que taparse coa manta do Barça porque non hai calefacción coma na resi, ver a teu irmán, e ver que ten ganas de xogar unhos partidos ó PES, e, sobre todo, COMIDA DE MAMÁ. Qué ben sabe comer caldo e similares cociñados como Dios manda…

Tamén se ve aos primos pequenos, que hai que intentar que non se olviden de ti por estar fóra.

Sei que hai xente que pasa moitas máis semanas fóra da casa, para eles será máis intenso, pero eso non quita que poida ter esa pequena morriña da terra.

Reflexións de semana


Esta semana está tocando ao seu fin e gustaríame expresar a miña humilde opinión sobre ela.

O calendario xa empeza a apretar un pouco as nosas tareas diarias, pois os parciales están chamando á porta da habitación insistentemente. Creo que falo en nombre de todos os meus compañeiros se digo que todos esperamos que pasen de forma satisfactoria.

E ainda que non foi unha das semanas máis pesadas en cuanto a clases, debo decir que non atravesei os meus mellores estados anímicos, sorte que cambiou hacia o final da semana.

Pronto a miña vida se reducirá a apuntes e máis apuntes, con algunha que outra práctica polo medio que me permita desconectar, e algún que outro paso por Ribadeo para rodearme da miña familia.

Despídome sen máis vagar. Que Marzo vos traia felicidade 🙂

 

Si supiera que el mundo se acaba mañana, yo, hoy todavía, plantaría un árbol (Martin Luther King)