Entries tagged as ‘fútbol’
Onte xogouse no Sánchez Pizjuán,estadio do Sevilla,ás 22:00 do serán o amigable que enfrontaría as seleccións de España e Inglaterra.
Só puiden ver uns poucos compases do xogo,pero pronostiquei un 2-0 a favor da “Roja”.
Máis tarde seguín o partido e escoitei o gol de David Villa,e xa cando ía apagar o ordenador,mirei en Marca.com por última vez e Fernando Llorente xa subira o segundo ó marcador.
España segue a demostrar que é unha gran candidata ó trono mundial,despois de 9 partidos sen gañar e un fútbol impecable,ao meu parecer.
PODEMOS!!

O noso Manolo apoyando a causa de Marta
Categorías: Uncategorized
Tagged: España, fútbol, selección

Estadio de Riazor (A Coruña)
Onte foise ver este partido a Riazor,o que enfrentou a nosa selección,Galicia,coa de Irán.
Un partido tranquilo,sen sublevacións e que ó remate do encontro se levou Galicia por 3 goles a 2.
Dous goles de Nacho Novo,que para min foi o mellor xogador do partido,botoulle máis ganas que ningún e tivo a súa recompensa; e un do “Chino” Losada,mote que persoalmente me fixo moita gracia,pero venlle ó dedo.
Bo Nadal e Próspero Ano Novo a todos
Categorías: Uncategorized
Tagged: fútbol, partido

Ola a todos.
Xa comezou Setembro e con el comenzará un novo curso.
Haberá xente que se ilusione máis,outra menos e haberá outra que non teña gana ningunha de comenzar.
Chega o mes en que a felicidade dos pais alcanza o seu cénit porque se libran dunha vez dos fillos :-\
Tamén hai festas por onde vivo eu,miraremos de aproveitalas ben.
Ademáis de todo isto comenza a Liga de Fútbol,os milleiros de coleccionables,acaba o verán,eu teño moitos aniversarios…
Espero que este mes que neste mes que empeza vos vaia ben.
Un saúdo e ata a próxima.
Categorías: Uncategorized
Tagged: clases, coleccion, colegio, comenzos, curso, fútbol, felices, felicidade, festas, fiestas, ilusión, mes, pais, setembro
Ola a todos.
Volvo a escribir despois de moito tempo por un tema que estos días nos ten emocionado e encandilado diante dos televisores dos nosos fogares ou bares da nosa localidade.
É a Eurocopa de fútbol,onde os equipos que pasaron a fase de clasificación poderán optar a copa Henry Delaunay
A seleccion nacional comezou na fase de grupos emparellada con Rusia, Suecia e Grecia, a actual campiona.
Con Rusia conseguiu un determinante 4-1 con 3 goles de David Villa e un de Cesc Fábregas en fóra de xogo.
Con Suecia pelexou ata o remate. Empezou marcando Fernando Torres e empatou Ibrahimovic.Xa no minuto 92 e co partido a punto de acabarse aparece Villa e marca o 2-1 que nos daría a victoria.
Con Grecia o seleccionador Luis Aragonés alineou a case tódolos suplentes para comprobar o seu rendemento e por iso foi que sufrimos máis.Marcou primeiro Charisteas pero coa insistencia de España marcaron De la Red e Güiza.
O partido de cuartos chegou coa esperanza de romper 88 anos sen gañarlle a Italia en partido oficial.
O partido estivo moi reñido con ocasións para os dous equipos.Chegouse á prórroga,que non chegou e tiveron que lanzarse penaltis.
Pero Íker Casillas demostrou que segue sendo un porteiro de talla mundial e detivo dous penaltis que foron determinantes para a consecución da victoria.
Tamén se conseguía romper a tanto temida barreira dos cuartos de final.
Agora chegan as semifinais contra un equipo que está a causar sensación baixo a batuta de Andrei Arshavin e os goles de Pavlyuchenko.
O equipo de Guus Hiddink no ha ser moco de pavo esta noite así que espero que moita xente estea a velo a ver se con un pouco mais de empuxe conseguimos meternos na final contra Alemaña.
Un saúdo e feliz verán a todos
Categorías: Uncategorized
Tagged: Eurocopa, fútbol, Rusia