Ola a todos.
Mañá,día 18 de setembro do 2008,ten lugar a presentación no noso instituto.
Volveremos a ver @s compañeir@s do ano pasado e teremos algún novo.
O aburrimento,se tiñamos algo,acabouse.
Agora chegarán en maior ou menor medida para cada un as tarefas e os exames.
Tamén se nos recortará moi notablemente o tempo libre.
Pero a nosa esperanza será o Nadal,porque nesas datas temos unhas merecidas vacacións para desconectar e prepararnos para retomar as clases xa no ano novo 2009.
Espero que este primeiro trimestre que comeza vaia ben
Un saúdo a todos
Categorías: Uncategorized
Tagged: clases, colegio, comenzos

Ola a todos.
Xa comezou Setembro e con el comenzará un novo curso.
Haberá xente que se ilusione máis,outra menos e haberá outra que non teña gana ningunha de comenzar.
Chega o mes en que a felicidade dos pais alcanza o seu cénit porque se libran dunha vez dos fillos :-\
Tamén hai festas por onde vivo eu,miraremos de aproveitalas ben.
Ademáis de todo isto comenza a Liga de Fútbol,os milleiros de coleccionables,acaba o verán,eu teño moitos aniversarios…
Espero que este mes que neste mes que empeza vos vaia ben.
Un saúdo e ata a próxima.
Categorías: Uncategorized
Tagged: clases, coleccion, colegio, comenzos, curso, fútbol, felices, felicidade, festas, fiestas, ilusión, mes, pais, setembro