Trapalladas.gz

Entries tagged as ‘busuu’

Busuu.com

14/09/2008 · Deixa un comentario

Hoxe vou facer un pouco de publicidade de esta web que me está gustando.

O fin desta páxina e que aprendamos idiomas.

Inclúe numerosos deles para aprender pero creo que o estar por agora en formato beta pois só funcionan o Inglés,o Francés,o Alemán e o Español,pero ainda así merece a pena.

Utiliza exercicios bastante sinxelos de entender,e con un pouco de paciencia e de constancia sorprenderaste dos avances que vas facendo.

Tamén dispós dunha comunidade de usuarios cos que poder establecer contacto e practicar o idioma.

Unha gran opción para os que buscaran unha web destas características.

Un detalle curioso e que ó estar en BETA disfrutas da conta premiun gratuíta,pero Deus sabe cando acabará a BETA e cando se acabe,terminouse o choio,compañeiros,porque teremos que pagar polo servizo (cantidade que descoñezo)

Espero que vos gustase a miña análise tan cutre desta web

http://www.busuu.com/es/

Categorías: Vicios varios
Tagged: , ,