Aproveitar para dar ánimos á Selección Española de Baloncesto,que volverá a xogar unha final de Eurobasket,o que moi poucos se esperaban hai uns días debido aos problemas que tiveron nos primeiros partidos.
A POLO OURO!
E tamén a Selección Española de Tenis,que disputará a final da Copa Davis na casa,contra a República Checa.
Rematan as festas patronais e comenza a conta atrás.
Martes,mércores,xoves,venres,sábado,domingo,luns,martes…
Quedan un mércores e un xoves para despedir o verán.
Para prepararse para o novo curso e dar por finalizado o bo tempo,a ociosidade abrumadora do verán,e a boa vida.
Hoxe falatei de algo serio completamente,ó contrario do que poderia dar a entender o título do meu blog.
Pola mañá entereime de que o capitán do Espanyol de Barcelona falecera,dun infarto,durante a estadía do Espanyol en Italia,para o partido contra o Bolonia.
Unha peza clave no conxunto perico,que deixará unha pegada no clube e en tódolos seguidores do equipo blanquiazul.
Un equipo que volvía a ilusionar,terá que ser capitaneado desde o ceo polo seu querido capitán.
A praia de Arealonga,no concello de Barreiros,sempre significou moito para min desde que era pequeno.
Nela pasei longas tardes da miña infancia e das miñas vacacions estivais.
As ondas que nela vía non as podía haber noutra praia,e a praia do Cargadeiro,en Ribadeo,á que eu acudía cando non tiña transporte a Barreiros,era escandalosamente moito menos emocionante.
Aínda ahora sigo visitándoa e sigue tendo o mesmo encanto que tiña uns anos atrás.
Recomendable para pasear con quen un queira ó longo dela,para bañarse,para explorar (cando eres novo eso si) as penas do lado esquerdo da praia,onde se atopa a que os da miña familia chamamos “A Pena do Sapo” por parecérsenos a dito anfibio.
Espero que se vos acercades por aquí,vaiades vela,sempre despois da inolvidable e única Praia das Catedrais
Volven as mañás de “¿Que demo fago hoxe?” e as tardes de “Uff que ben o paso” e de “Menuda carallada de tarde”,de “Buah,que solazo fai!!” e de “Boh,para que terá que chover?”, xunto coas noites de “Qué ben o pasei!” , “Podo ver X programa!” e “Que ben que podo sair ata máis tarde!”
Encher o bandullo ó sol coa familia, queimarse na praia co sol,picaduras de fanecas,castelos na area,xeados,a falta de tarefas de clase,de exames,de preocupacións en si!
Aínda que traia tamén dias de chuvia e de tedio na casa,o verán sempre trae cousas boas e danos un gran respiro de tanto estudar (Polo menos ós traballadores coma min
Acabo de ler en Marca.com que Fernando Alonso sairá segundo mañá no G.P de China que se celebra en Shanghai.
Cun novo difusor no R29,parece que o coche quere responder mellor e gustaríame que fixese o mesmo mañá na carreira.
Pode que este elemento axude á escudería francesa dirixida por Briatore a estar nos postos de arriba en construtores e ao propio Fernando Alonso a loitar polo Mundia de pilotos.
Hoxe quería celebrar que volven os partidos máis emocionantes de todos,os equipos máis grandes de Europa de este ano enfrentados nos cuartos de final da Champions League.
Hoxe xoga Villareal co Arsenal no Emirates Stadium londinense.Deséxalles moita sorte para volver tranquilos á casa.
Mañá xógase o que me interesa a min,o Barça-Bayern.Espero un partido intensísimo,pois moitos coñeceredes o grandes equipos que son.
PD:Clicade nas imaxes para ver unha reportaxe sobre os anteriores Villareal-Arsenal e Barça-Bayern
Quería dar ánimos cun artigo ao meu querido Barça,que afronta un mes de abril moi complicado con a doble eliminatoria co Bayern,que espero que supere,e a final da Copa do Rey ante un gran Athletic de Bilbao que vai dar guerra,ademáis dos partidos de Liga correspondientes.
Desexolles que sigan optando a todo na Liga e na Champions e que se fagan coa Copa,que sería o primeiro título da temporada,se non me equivoco,e esperemos que non sexa o único