
Foto aérea da Praia de Arealonga
A praia de Arealonga,no concello de Barreiros,sempre significou moito para min desde que era pequeno.
Nela pasei longas tardes da miña infancia e das miñas vacacions estivais.
As ondas que nela vía non as podía haber noutra praia,e a praia do Cargadeiro,en Ribadeo,á que eu acudía cando non tiña transporte a Barreiros,era escandalosamente moito menos emocionante.
Aínda ahora sigo visitándoa e sigue tendo o mesmo encanto que tiña uns anos atrás.
Recomendable para pasear con quen un queira ó longo dela,para bañarse,para explorar (cando eres novo eso si) as penas do lado esquerdo da praia,onde se atopa a que os da miña familia chamamos “A Pena do Sapo” por parecérsenos a dito anfibio.
Espero que se vos acercades por aquí,vaiades vela,sempre despois da inolvidable e única Praia das Catedrais