Trapalladas.gz

Entries from Xuño 2009

Volve o verán

10/06/2009 · Deixa un comentario

Feliz verán

Menos mal que xa volve o verán.

Volven as mañás de “¿Que demo fago hoxe?” e as tardes de “Uff que ben o paso” e de “Menuda carallada de tarde”,de “Buah,que solazo fai!!” e de “Boh,para que terá que chover?”, xunto coas noites de “Qué ben o pasei!” , “Podo ver X programa!” e “Que ben que podo sair ata máis tarde!”

Encher o bandullo ó sol coa familia, queimarse na praia co sol,picaduras de fanecas,castelos na area,xeados,a falta de tarefas de clase,de exames,de preocupacións en si!

Aínda que traia tamén dias de chuvia e de tedio na casa,o verán sempre trae cousas boas e danos un gran respiro de tanto estudar (Polo menos ós traballadores coma min ;)

¿Que plans tedes para o verán?

Categorías: Uncategorized