Trapalladas.gz

Entries from Abril 2009

Hoxe deportes: Esperanzas para Renault?

18/04/2009 · Deixa un comentario

Fernando Alonso aos mandos do R29

Fernando Alonso aos mandos do R29

Acabo de ler en Marca.com que Fernando Alonso sairá segundo mañá no G.P de China que se celebra en Shanghai.

Cun novo difusor no R29,parece que o coche quere responder mellor e gustaríame que fixese o mesmo mañá na carreira.

Pode que este elemento axude á escudería francesa dirixida por Briatore a estar nos postos de arriba en construtores e ao propio Fernando Alonso a loitar polo Mundia de pilotos.

Esperemos que así sexa :-)

Categorías: Uncategorized

Apostade nas semifinais

15/04/2009 · Deixa un comentario

Como moitos de vos saberedes,ou eso espero de vos,amigos,as semifinais da Champions League complétanse hoxe.

O Barça e o Chelsea xa están citados para o 28 de abril no Camp Nou e o 6 de maio en Stamford Bridge

Quen credes que sairá vencedor dos duelos Arsenal-Villarreal e Oporto-ManU?

Gustaríame publicar a mellor resposta das acertantes así que espero os vosos comentarios ;)

Categorías: Uncategorized

Volve a Champions!

07/04/2009 · Deixa un comentario

Hoxe quería celebrar que volven os partidos máis emocionantes de todos,os equipos máis grandes de Europa de este ano enfrentados nos cuartos de final da Champions League.

Hoxe xoga Villareal co Arsenal no Emirates Stadium londinense.Deséxalles moita sorte para volver tranquilos á casa.

Mañá xógase o que me interesa a min,o Barça-Bayern.Espero un partido intensísimo,pois moitos coñeceredes o grandes equipos que son.

PD:Clicade nas imaxes para ver unha reportaxe sobre os anteriores Villareal-Arsenal e Barça-Bayern

Feliz dia!

Categorías: Uncategorized

O Barcelona e o mes de abril

06/04/2009 · Deixa un comentario

Quería dar ánimos cun artigo ao meu querido Barça,que afronta un mes de abril moi complicado con a doble eliminatoria co Bayern,que espero que supere,e a final da Copa do Rey ante un gran Athletic de Bilbao que vai dar guerra,ademáis dos partidos de Liga correspondientes.

Desexolles que sigan optando a todo na Liga e na Champions e que se fagan coa Copa,que sería o primeiro título da temporada,se non me equivoco,e esperemos que non sexa o único ;)

Categorías: Uncategorized
Tagged: , , , ,