Ola a todos
Hoxe gustaríame falarvos de esta historia que leva creada desde hai 10 anos polo menos,e que ata este ano non se descubriu ás masas.
É a saga Crepúsculo,na que se contan as aventuras e desventuras de Bella Swan,natural de Phoenix,Arizona (EE.UU) en Forks,unha pequena vila moi chuviosa e verde,no estado de Washington.
Nesta pequena vila atopará a Edward Cullen,un rapaz de 17 anos que agocha un grandísimo segredo,e xuntos vivirán un romance difícil,debido ás moreas de contratempos que aparecerán (algo moi raro nunha vila tranquila como Forks)
Direi para os que se interesaran algo que engancha moito,e que as 500 páxinas que poden ter como mínimo faranse moito menos.
Anímovos a que os leades

Primeiro libro da saga,"Crepúsculo"