Trapalladas.gz

Entries from Febreiro 2009

España volve a brilar

12/02/2009 · Deixa un comentario

Onte xogouse no Sánchez Pizjuán,estadio do Sevilla,ás 22:00 do serán o amigable que enfrontaría as seleccións de España e Inglaterra.

Só puiden ver uns poucos compases do xogo,pero pronostiquei un 2-0 a favor da “Roja”.

Máis tarde seguín o partido e escoitei o gol de David Villa,e xa cando ía apagar o ordenador,mirei en Marca.com por última vez e Fernando Llorente xa subira o segundo ó marcador.

España segue a demostrar que é unha gran candidata ó trono mundial,despois de 9 partidos sen gañar e un fútbol impecable,ao meu parecer.

PODEMOS!!

O noso Manolo apoyando a causa de Marta

O noso Manolo apoyando a causa de Marta

Categorías: Uncategorized
Tagged: , ,

Que gran invento!

03/02/2009 · Deixa un comentario

Ola a tod@s un día mais.

Hoxe gustaríame facer unha homenaxe a un gran colaborador da expansion da cultura,que inventou algo que se faría imprescindible en dita empresa,e que foi unha revolución na súa época.

Que de quen falo? Pois de Johannes Gensfleisch zur Laden zum Gutenberg,máis coñecido como Johannes Gutenberg ou Gutenberg,a secas.

Este ferreiro alemán construíu a imprenta de tipos móviles,que ainda que ahora mesmo nos daría un infarto se tivesemos que imprimir así,no seu tempo foi un avance importantísimo na expansión dos coñecementos.

A primeira obra que “cuspiu” foi a mesmísima Biblia,bautizada como Biblia de Gutenberg en homenaxe ao alemán.

Un día como hoxe de hai 541 anos morreu este inventor,e ainda que a cifra non e moi redonda,aquí está a miña homenaxe

Pd:Felicidades a todos os Blas e Brais ;)

Categorías: Uncategorized
Tagged: , , ,