Trapalladas.gz

Entries from Outubro 2008

High School Musical 3:Fin de Curso

29/10/2008 · Deixa un comentario

Este fin de semana pasado fun a ver esta película cunhas amigas da clase.

Gustoume moitísimo,o que puido ser debido a que as dúas partes anteriores tamén me gustaron.

Desde o primeiro momento disfrutei das marabillosas cancións en ingles e coas letriñas en castelán para que a xente se entere de que tratan (ainda que só entendas o castelán e non poidas cantalas,algo é algo)

Tamén me gustou moito a historia,a cal non desvelarei para os que aínda non a viron,pero sí direi que como nas outras dúas películas,créase un problema entre Troy e Gabriella,os “protas” da película,que como película de Disney que é,os dous darán chegado a bo porto.

Para os que a queiran ver,que non se boten atrás e para os que non,anímoos a que vaian a vela

Saúdos a todos

Categorías: Vicios varios
Tagged: ,

Botellón nunha habitación de hospital

23/10/2008 · Deixa un comentario

http://spedr.com/57tjs

Atopei esta noticia en 20minutos.es que me chamou moito a atención:

Un ancián,no hospital de Galdacao (Biscaia) tivo que soportar o molesto botellón que organizaron 5 amigos do seu compañeiro de cuarto ata as 4:00 da madrugada.

Os mozos fumaron,beberon alcol,e ata insultaron ó persoal do hospital,e cando acabaron ata se permitiron o luxo de levar o enfermo con eles sen que houbese recibido a alta médica.

Cada vez buscan lugares máis extraños para facer botellón

Categorías: Uncategorized
Tagged: , , ,

Cousas de Hamilton

21/10/2008 · Deixa un comentario

Ola a todos.

Hoxe vin unha nova nalgunha web por ahí,na que vin unha nova demostración da pouca experiencia de Hamilton.

Creo que este individuo,para o novo que é,e para estar donde está,debería haber adquirido algo de experiencia,modestia,e deportividade.

No seu primeiro ano en McLaren,no ano 2007,sucedéronse numerosas protestas sen fundamentos sólidos que con calquera outro piloto dos xa existentes non tería sucedido.

E todo isto acompañado do máis que destacable,sobre todo no último tramo da temporada,onde o equipo se viu obrigado a escoller un piloto de prioridade para que pelexara polo Mundial de pilotos,escolleu ó inglés,en contraposición o primeiro piloto,que daquela era o español,bicampeón do mundo.

O español,debido ao mal ambiente do equipo,resignouse a marchar a Renault,e aínda que tivo un inicio de temporada bastante mediocre,logrouse mellorar o R-28 para que o español,nas últimas 6 carreiras,obtese máis puntos que ninguén.

Pero agora a loita polo Mundial está entre Hamilton e Massa,e o español parece decidido a decantarse por axudar a este último.

Hamilton dixo a isto “Alonso era un bicampeón batido por un debutante” e queixouse de que o español decidise axudar ó piloto brasileiro de Ferrari.

Aparte disto,o seu compañeiro de equipo,o finés Heikki Kovalainen,sospeita de sabotaxe no seu equipo,un episodio similar ao que protagonizara Fernando Alonso un ano atrás.

Entón,reflexionemos un pouco: ¿Merece realmente Lewis Hamilton gañar o campionato de pilotos?

Un saúdo e ata a próxima.

Categorías: Deportes
Tagged: , ,

Jonas Brothers – Play My Music

06/10/2008 · Deixa un comentario

Unha cancion da película de Disney “Camp Rock” que me gustou moito.

Espero que vos guste.

Ata a próxima.

Categorías: Uncategorized
Tagged: , , ,