Ola a todos.
Levo moito tempo sen escribir no blog e como antes disto teño o artigo das semifinais para España non quería deixar o blog sen falar da final.
Unha final que podía saber a gloria ou que podía ser a máis amarga de todas.
Pero a nosa selección soubo manter a raia o conxunto alemán e Fernando Torres fixo o resto.
Cunha increíble carreira que comezou en desventaxa con Phillip Lahm puido desfacerse do lateral xermano e batir a Lehmann,o cal fixo unha non moi boa saída.
O pitido final chegou e España era campiona, Campiona de Europa.
O encargado de entregar o trofeo foi,como non,o presidente da FIFA,o francés Michel Platini.
Ó día seguinte celebrouse o triunfo na Plaza de Colón madrileña.Desa festa quero deixar un par de vídeos:
Espero que vos gustase.
Un saúdo a todos
0 respostas so far ↓
There are no comments yet...Kick things off by filling out the form below.