Ola a todos.
Volvo a escribir despois de moito tempo por un tema que estos días nos ten emocionado e encandilado diante dos televisores dos nosos fogares ou bares da nosa localidade.
É a Eurocopa de fútbol,onde os equipos que pasaron a fase de clasificación poderán optar a copa Henry Delaunay
A seleccion nacional comezou na fase de grupos emparellada con Rusia, Suecia e Grecia, a actual campiona.
Con Rusia conseguiu un determinante 4-1 con 3 goles de David Villa e un de Cesc Fábregas en fóra de xogo.
Con Suecia pelexou ata o remate. Empezou marcando Fernando Torres e empatou Ibrahimovic.Xa no minuto 92 e co partido a punto de acabarse aparece Villa e marca o 2-1 que nos daría a victoria.
Con Grecia o seleccionador Luis Aragonés alineou a case tódolos suplentes para comprobar o seu rendemento e por iso foi que sufrimos máis.Marcou primeiro Charisteas pero coa insistencia de España marcaron De la Red e Güiza.
O partido de cuartos chegou coa esperanza de romper 88 anos sen gañarlle a Italia en partido oficial.
O partido estivo moi reñido con ocasións para os dous equipos.Chegouse á prórroga,que non chegou e tiveron que lanzarse penaltis.
Pero Íker Casillas demostrou que segue sendo un porteiro de talla mundial e detivo dous penaltis que foron determinantes para a consecución da victoria.
Tamén se conseguía romper a tanto temida barreira dos cuartos de final.
Agora chegan as semifinais contra un equipo que está a causar sensación baixo a batuta de Andrei Arshavin e os goles de Pavlyuchenko.
O equipo de Guus Hiddink no ha ser moco de pavo esta noite así que espero que moita xente estea a velo a ver se con un pouco mais de empuxe conseguimos meternos na final contra Alemaña.
Un saúdo e feliz verán a todos