Ola a todos
Hoxe quería falar da final da Champions 2008,xogada en Moscú (ou Moscova para os que o empreguen) entre o Manchester United e o Chelsea.
O partido non o vin pero os goles si,nas repeticións.
Polo pouco que mostraban nas repeticións puido verse que os equipos non puideron dominar claramente.
O primeiro gol marcouno o portugués Cristiano Ronaldo cun centro moi bo e cun cabezazo mellor aínda moi difícil de parar para o porteiro “blue”, Peter Cech.
O segundo foi cousa do xenial Frank Lampard, aproveitando un rexeite de balón.
Xa chegando ó remate e cando eu puiden ver un pedazo do partido un balón de Drogba da no pau despois de numerosas ocasión do Chelsea e numerosos errores arbitrais.
Co resultado de empate a un,chegouse á prórroga e logo ós penaltis.
Cristiano Ronaldo foi o encargado de tirar o primeiro e fallou.Intentou confundir a Van der Sar pero o holandés soubo manterse e parar o esférico.
Con este fallo o Manchester empezaba moi mal.
Máis tarde era o lanzamento de John Terry o decisivo.Se marcaba,o Chelsea sería campeón.Se fallaba o Manchester aínda tería oportunidade de selo.
Pero o capitán tivo moi mala sorte pois evarou e fallou.
Máis tarde Edwin Van der Sar parou o Penalti tirado polo francés Nicolas Anelka.
O Manchester era campión de Europa.
Cristiano Ronaldo chorou e Terry tamén pero un por un soño cumplido e outro por haber axudado a conseguilo.
Agora o portugués está moi preto dese gran obxectivo,o Balón de Ouro,pois ten dous grandes avais,os 42 tantos que leva anotados en tódalas competicións e a consecución da Copa de Europa.