Volven as mañás de “¿Que demo fago hoxe?” e as tardes de “Uff que ben o paso” e de “Menuda carallada de tarde”,de “Buah,que solazo fai!!” e de “Boh,para que terá que chover?”, xunto coas noites de “Qué ben o pasei!” , “Podo ver X programa!” e “Que ben que podo sair ata máis tarde!”
Encher o bandullo ó sol coa familia, queimarse na praia co sol,picaduras de fanecas,castelos na area,xeados,a falta de tarefas de clase,de exames,de preocupacións en si!
Aínda que traia tamén dias de chuvia e de tedio na casa,o verán sempre trae cousas boas e danos un gran respiro de tanto estudar (Polo menos ós traballadores coma min
Acabo de ler en Marca.com que Fernando Alonso sairá segundo mañá no G.P de China que se celebra en Shanghai.
Cun novo difusor no R29,parece que o coche quere responder mellor e gustaríame que fixese o mesmo mañá na carreira.
Pode que este elemento axude á escudería francesa dirixida por Briatore a estar nos postos de arriba en construtores e ao propio Fernando Alonso a loitar polo Mundia de pilotos.
Hoxe quería celebrar que volven os partidos máis emocionantes de todos,os equipos máis grandes de Europa de este ano enfrentados nos cuartos de final da Champions League.
Hoxe xoga Villareal co Arsenal no Emirates Stadium londinense.Deséxalles moita sorte para volver tranquilos á casa.
Mañá xógase o que me interesa a min,o Barça-Bayern.Espero un partido intensísimo,pois moitos coñeceredes o grandes equipos que son.
PD:Clicade nas imaxes para ver unha reportaxe sobre os anteriores Villareal-Arsenal e Barça-Bayern
Quería dar ánimos cun artigo ao meu querido Barça,que afronta un mes de abril moi complicado con a doble eliminatoria co Bayern,que espero que supere,e a final da Copa do Rey ante un gran Athletic de Bilbao que vai dar guerra,ademáis dos partidos de Liga correspondientes.
Desexolles que sigan optando a todo na Liga e na Champions e que se fagan coa Copa,que sería o primeiro título da temporada,se non me equivoco,e esperemos que non sexa o único
Hoxe gustaríame falarvos de esta historia que leva creada desde hai 10 anos polo menos,e que ata este ano non se descubriu ás masas.
É a saga Crepúsculo,na que se contan as aventuras e desventuras de Bella Swan,natural de Phoenix,Arizona (EE.UU) en Forks,unha pequena vila moi chuviosa e verde,no estado de Washington.
Nesta pequena vila atopará a Edward Cullen,un rapaz de 17 anos que agocha un grandísimo segredo,e xuntos vivirán un romance difícil,debido ás moreas de contratempos que aparecerán (algo moi raro nunha vila tranquila como Forks)
Direi para os que se interesaran algo que engancha moito,e que as 500 páxinas que poden ter como mínimo faranse moito menos.
Onte xogouse no Sánchez Pizjuán,estadio do Sevilla,ás 22:00 do serán o amigable que enfrontaría as seleccións de España e Inglaterra.
Só puiden ver uns poucos compases do xogo,pero pronostiquei un 2-0 a favor da “Roja”.
Máis tarde seguín o partido e escoitei o gol de David Villa,e xa cando ía apagar o ordenador,mirei en Marca.com por última vez e Fernando Llorente xa subira o segundo ó marcador.
España segue a demostrar que é unha gran candidata ó trono mundial,despois de 9 partidos sen gañar e un fútbol impecable,ao meu parecer.
Hoxe gustaríame facer unha homenaxe a un gran colaborador da expansion da cultura,que inventou algo que se faría imprescindible en dita empresa,e que foi unha revolución na súa época.
Que de quen falo? Pois de Johannes Gensfleisch zur Laden zum Gutenberg,máis coñecido como Johannes Gutenberg ou Gutenberg,a secas.
Este ferreiro alemán construíu a imprenta de tipos móviles,que ainda que ahora mesmo nos daría un infarto se tivesemos que imprimir así,no seu tempo foi un avance importantísimo na expansión dos coñecementos.
A primeira obra que “cuspiu” foi a mesmísima Biblia,bautizada como Biblia de Gutenberg en homenaxe ao alemán.
Un día como hoxe de hai 541 anos morreu este inventor,e ainda que a cifra non e moi redonda,aquí está a miña homenaxe
Hoxe e despois de moito tempo precisaba escribir algo neste blog meu.
Un día como hoxe de hai 16 anos nacía eu,e esto ben merece que vos conte algo.
Nestes 16 anos puiden ver bastantes cousas.
Sorpréndome do rápido que pasa o tempo,da morea de cousas que podes experimentar nun espazo de tempo relativamente curto como e este (digoo pensando en que meus pais superan os corenta e poderán dar fe de que pareceron curtos)
Pero estou moi contento de habelos cumplido e espero que me den un ano tan bon como os 15 xa pasados.
Como curiosidade e gracias a Wikipedia,gustaríame decirvos que o célebre actor Paul Newman,finado o ano pasado como moitos de vós saberedes,tamén naceu un 26 de xaneiro ( de 1925 claro )